A historia de Simón Ubeira
A cooperativa Alcouve da Moura apareceu para cubrir unha necesidade que tiñan os seus socios. Os tres, Simón Martín e Roberto, coinciden na posibilidade de vivir cultivando as terras que hoxe xa non se traballan na comarca do Baixo Miño. Tamén optaron por seguir criterios de sustentabilidade e facer o posible para conseguir uns produtos de horta aplicando boas prácticas.