A historia de Ricardo García de Aica Cerámica

Aica Cerámica nace grazas a Argelio Fernández de Dios, un emigrante que deixou Galicia por Cuba a comezos do século XX. As tribulacións da historia devolveron ao alfareiro de Niñodaguia ao concello de Mos a comezos dos anos 60 do século pasado. Alí asentou asúa familia que viviu e prosperou grazas ao traballo no taller de cerámica. O taller de Aica Cerámica segue vivo grazas á teimosía do neto de Argelio, Ricardo García, un mestre licenciado en Belas Artes que mantén o legado do seu avó como un rexistro imperecedeiro da actividade e da vida familiar. No presente, Aica Cerámica é un espazo onde é ben recibido calquera que queira traballar o barro e compartir experiencias realizando unha actividade milenaria.