A historia de Alba Broullón de Floresta Flores
Atopar unha vocación e convertela nun soño acontece poucas veces. Na vida de AlbaBroullón iso apareceu cando estaba traballando en Holanda nunha multinacional. Botou o freo, reflexionou e decidiu emprender o camiño de volta a Galicia coa súa familia. O obxectivo era dedicarlle tempo a unha idea que hoxe leva o nome de Floresta Flores. As flores e o seu cultivo ocupan todo o tempo na vida de Alba. Escolleu a terra e o clima do val Miñor para comezar a desenvolver todo o saber e a investigación realizada para cultivar flores e plantas. O xardín da súa casa é o espazo que nutre o seu proxecto. Floresta Flores ten unha mirada diferente sobre a arte e o deseño floral efémero, un concepto que persegue o pracer e o deleite por transmitir algo máis.