A historia de Xokas Pereira de Felices no Perfectos
Desde ben pequeno Xokas Pereira, grazas ao seu tío Vituco, enganchou co mundo da montaña. Fascinado pola riqueza natural do noso territorio enfocou a súa vocación cara a o montañismo e a escalada cunha permanente ansia de aprender e de rodearse de xente que o acompañou nunha aventura que hoxe é o eixe da súa vida. O seu proxecto persoal FELICES, NO PERFECTOS, ofrece un achegamento ás montañas do territorio da Galicia Suroeste para as persoas que buscan unha experiencia iniciática, para outros e outras que queren afondar no mundo da escalada e integrando, tamén, a posibilidade de coñecer os valores culturais, etnográficos e medioambientais das nosas montañas. Acompañados por el descubrimos unha desas montañas, o Galiñeiro, unha mole granítica de 711 metros que ofrece unha panorámica singular desde o seu cumio.