Nisi Otero, mariscadora e Patroa Maior en Redondela
2m 19s
Nisi é mariscadora e Patroa Maior da Cofraría de Redondela. O seu amor polo mar e polo traballo que viña desenvolvendo a súa familia dende o seu avó fixo que ela decidira quedarse e continaur co traballo do mar, onde o papel da muller é fundamental para dar continuidade ao marisqueo na ría e ao seu coidado ante dificultades como a contaminación, o relevo xeracional e o cambio climático.