Degusta Galicia Suroeste

Degusta é a presentación que Galicia Suroeste propuxo na súa cita con FITUR en 2024, unha peza na que todo encaixa, territorio, produto, cociña, artesanía... Nela temos presentes os elementos que nos caracterizan, as augas do Atlántico e do noso Río Miño e as fértiles terras nas que cultivamos os mellores produtos. As elaboracións son creacións do cociñeiro local Javier Fins que apostou por un empratado orixinal sobre as pezas de artesanía de Fátima Beamonte de Luckys Bakes Cerámica. Nesta peza poderás coñecer eses produtos gastronómicos que nos diferencian, langosta, angula, ourizo de mar, percebe, choco, ostra, mirabel, pan....Achegate a Galicia Suroeste e degusta a nosa gastronomía acompañada dos viños que producimos en todo o territorio.