A historia de Simón Barcia
Dentro da denominación de orixe do viño Rías Baixas hai unha subzona que aínda está por descubrir para o gran público. É a chamada subzona de Soutomaior. Este territorio agrupa hoxe a tres pequenas adegas que colleitan e fan viño albariño. Unha delas chámase Noelia Bebelia e naceu nunha conversa de coche entre unha parella, Simón e Noelia.