A historia de Silvana Crisóstomo

Dise dunha idea peregrina cando alguén ten unha idea rara, exótica ou estrambótica. Nada diso ten que ver coa idea á que se aventuraron as irmás Crisóstomo na súa vila natal de Tui. Unha viaxe feita co seu pai polo Camiño de Santiago no ano 1993 foi o xermolo de todo.