A historia de Ramón e Noelia
2m 32s
Ramón e Noelia coñecéronse en Pontevedra e a vida levounos, ao pouco tempo, a vivir unha experiencia en Austria. Alí foi onde naceu Papelier, un proxecto de vida que se foi escribindo sobre papel, a materia prima coa que traballan para facer as súas creacións.