A historia de Pablo Rodríguez
Volver a casa cunha idea e poñela en marcha. Ese foi o motor de partida de Pablo Rodríguez cando deixou Madrid para volver ao Porriño. Gustáballe o comercio e tiña estudiado un modelo de negocio onde poñer en valor produtos de calidade con denominación de orixe. Un ultramarino para poder atopar aquelas cousas que buscan os consumidores que apostan polo pequeno comercio con identidade.