A historia de Nuria, Antía e Uxía de La Flores de Greta.
Ás veces aparecen momentos nos que, por razóns diversas, hai que xuntarse e traballar en equipo. Iso foi o que aconteceu con Nuria, Antía e Uxía. As tres decidiron que todo cadraba para colaborar e pensar nun proxecto de futuro. Así foi como naceu La flores de Greta, un lugar para crear empregando a técnica do ecoprint, a estampación vexetal sobre fibras téxtiles.