A historia de Miguel Oliveira

Miguel Oliveira aprendeu a destilar coñecendo a tradición desde moi neno. Do coidado e tratamento do bagullo da uva branca do Baixo Miño naceu a súa marca hai vinte e cinco anos. Pazo Valdomiño é hoxe unha das principais referencias de augardente e derivados feita en Galicia.