A historia de Mateo Martínez
2m 23s
Unha viaxe a Brasil cambiou a vida de Mateo. A súa familia en América estaba ligada ao mundo do café e quedou atrapado nesa rede. O que aconteceu a partir dese momento foi unha continua e constante aprendizaxe para coñecer todo o que ten que ver cun produto imprescindible para boa parte da humanidade.