A historia de Julia de la Cal

A historia de Julia de la Cal é un clásico ida e volta. Marchou, sendo moza, para estudiar en Barcelona e volveu ao Porriño para asentar a súa vida traballando como deseñadora e artesá cesteira. Emprega a madeira de vimieiro como principal materia prima para a elaboración das súas creacións. Co vimbio, di Julia, “pódese facer case de todo.”