A historia de Gemma Marqués

A cultura nas vilas pequenas pode chegar a ser, ás veces, un ben escaso. A aparición, polo tanto, de espazos privados e autoxestionados por persoas con inquedanzas creativas e culturais teñen un valor extra. Iso é o que acontece en A Guarda con La Casa Taller, unha vivenda familiar que se transforma nun espazo lúdico e creativo onde a cultura manda.