A historia de Celia Casas

Restaurar e conservar o patrimonio, ese é o traballo que desenvolve a pequena empresa ARA Conservación e Restauración desde o concello de Nigrán. Unha tarefa que ten por obxecto intervir nun ben artístico e patrimonial para que non se estrague, nin se perda. Esa é a encomenda profesional que segue Celia Casas, responsable na dirección de ARA.