Para lembrar

Durante esta viaxe, na obra audiovisual contamos coa presenza protagonista dos artesáns de Estudio Papelier, Noelia e Ramón , que revisan durante a súa interpretación un traballo fotográfico para facer unha escolla da escolma de fotografías realizadas durante unha viaxe a Galicia Suroeste. Observan as fotos, fan a selección e debuxan sobre o álbumas ilustracións que acompañarán ás fotografías feitas coa cámara polaroid nun album fotográfico. A localización que escollemos para gravar estas secuencias foi unha antiga casa de estilo ecléctico da vila da Guarda que hoxe é o estudio de pintura da artista guardesa, Mónica Taboada. Como elemento a destacar contamos coa inclusión dunha obra clásica, da canción popular galega. O poema de Álvaro Cunqueiro, Quen poidera namorala, coa partitura do autor galego, Luís Emilio Batallántallán. Esta obra que evocaevoca a idea de lelembranza, foi interpretada polo trompetista, Rubén Simeó, cun acompañamento de piano clásico. A interpretación foi gravada no auditotio do CRC de Torroso no concello de Mos. O conxunto da obra audiovisual traballa sobre a base dunha unha narración pausada,reflexiva e contemplativa. O tratamento visual do territorio inclúe unha pátina que emula ás texturas das antigas películas gravadas en formato súper8. Todo o conxunto persegue esa coherencia para conseguir meternos nunha historia que forma parte doutra época da historia , dun mundo no que xa case ninguén constrúe ou garda as súas fotografíaas nun álbum. Todo o que constitúe esa emoción é PARA LEMBRAR.